Noroeste Estrella Galicia
Descripción
Con 38 anos de historia ás súas costas o Festival Noroeste Estrella Galicia é un clásico do verán coruñés. Unha cita coa música no arranque de agosto que cada ano capta a atención non só da veciñanza da cidade, tamén a dos seus visitantes supoñendo un atractivo máis para achegarse a este recuncho atlántico no que ‘Somos Noroeste’.
Do 5 ao 10 de agosto, diversos escenarios repartidos pola cidade da Coruña acollerán o 38 Festival Noroeste Estrella Galicia. Diversidade de estilos musicais conforman o programa deste 2025 que se reafirma na súa idea ‘Somos Noroeste’.
Artistas
